9 feb 2012

[Indonesia] Ataque a unha comisaria en relación co asasinato de duas persoas luitadoras contra petrolíferas

O pasado 2 de febreiro, preto de 20 persoas atacaban a comisaría de Mamosalato (Sulawesi) con pedras e molotov. Tal como contamos nunha notícia anterior recopilatoria de accións anarquistas por todo o mundo, agora ampliamos a noticia con a información extraída de Culmine

Este ataque está vinculado ao duro incidente de agosto do ano pasado onde duas persoas foron asasinadas despois duns disturbios contra unha empresa de perforacións en Tiaka.

Foi daquela cando entre 30 e 50 persoas se dispuxeron a atacar e destruir as estructuras petrolíferas no xacimento da illa Tiaka, apropiado conxuntamente pola empresa estatal Pertamina e a privada Medco Tomori. En barcos de madeira chegaron ás estructuras e comezaron a atacar con molotov e machetes as plataformas e os pozos ata chegar a policía, momento en que non recuaron e incluso tomaron as armas da policía, un buque da empresa e dous empregados da Medco como rehéns.

Ante iso, a represión cebouse con elxs resultando duas persoas asasinadas pola policía, un estudante e un da localidade.

Este último suceso parece responder a estes feitos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario