8 feb 2012

Acción solidaria en Vigo contra os carcereiros


Recolhemos do Indymedia Galiza esta noticia na que as asinantes "solidarias" dan conta de:

"hai unhas noites, aproveitando a cobertura do temporal, achegámonos ata o local dos carcereiros en Vigo, os cales teñen a cara de chamarse traballadores, amparando a sua labor torturadora baixo as siglas de USO-ACAIP.

Pintamos todas as fiestras, portas e paredes en solidariedade cos presos en loita e pola destruccion das carceles.

Selamos as cerraduras con "grapas estiradas" enchendo despois con pegamento instantaneo, facendolles pasar un pouco de frio pola mañá como fan eles cando enchen de auga as celas dos presos para fodelos, facendolles cambiar a cerradura acórdanse de nós

SOLIDARIDADE COS PRESOS EN LOITA
ATA QUE TODAS SEAMOS LIVRES
POLA DESTRUCCION DAS CARCELES"

Pola sua banda segundo recollimos da axencia Europa Press o sindicato USO denunciou o ataque sofrido na sua sede de Vigo e atribueno a "grupos radicais antisistema".

Según informa a USO nun comunicado, as pintadas apareceron na fachada do local, na rua San Roque, o pasado luns pola mañá, e fan referencia à "solidariedade" con os presos políticos e peden a sua liberdade. Ao lugar desprazaronse efectivos policiais tra-la presentación dunha denuncia por parte do sindicato.

A USO vincula este ataque con a representación sindical que ten, a través da organización Acaip, en varios centros penitenciarios. En todo caso, precisou que os traballadores de prisions que están afiliados a este sindicato "non se inmiscuen en cuestions políticas".

O sindicato vincula as pintadas con "grupos radicais".

pdt.- A foto está recolhida do xornal 20minutos

1 comentario:

  1. Non comprenden que non se trata só dxs presxs políticxs, senón dxs presxs en sí e da inxustiza que supón a existencia mesma de prisións.

    Políticxs ou non, destruamos as prisións!

    ResponderEliminar